Mércores, 08 de Setembro do 2010
Inicio O Club Historia
Historia PDF Imprimir Correo-e
Contido
Escrito por Administrator   
Sábado, 19 Setembro 2009 23:02


     O Clube Instituto Rosalía de Castro nace a través dunha iniciativa dun grupo de empresarios galegos, encabezados por D. Enrique Suárez,que a proposta de D. Ubaldo Rueda, deciden crear este novo Club.

    


     Nun primeiro momento créase un equipo xuvenil e outro cadete, aumentando, co paso dos anos, o número de participantes e colaboradores. Finalmente, será no ano 1995 cando inscribirase o primeiro equipo profesional na categoría de Primeira Nacional. 

     O Clube seguiría crecendo ao amparo  do Instituto Rosalia, onde cada vez o número de persoas pertencentes ao Clube aumentaba, cun equipo en Primeira Nacional durante os anos 1995, 1996, 1997 e 1998, conseguindo este último ano o Ascenso á Liga EBA.

    


     Xa no ano 1999 o equipo profesional daría un salto importante de calidade, xa que fora invitado á participar na liga LEB (actual LEB Ouro). Durante a estancia nesta liga (anos 1999, 2000, 2001, 2002 e 2003) tivemos a oportunidade de dispoñer en Compostela dun equipo na elite ata que nun fatídico Play-Out en Xuño do 2003 faríanos descender ata a LEB 2.

     A etapa na LEB 2 foi de alegría e desesperación. Desfrutamos na tempada 2002/2003 onde acadamos o 3º posto e estivemos á piques de ascender ou desesperación coma nos anos 2004/2005 onde tan só acadamos apermanencia, ou no ano 2005/2006 onde quedamos ás portas do play off. Pero onde sí desfrutamos co noso equipo foi na tempada 2006/2007 onde quedamos Campións de Liga e conseguimos o ascenso á LEB Ouro.

     A temporada pasada foi o reencontro do clube coa LEB, agora LEB Oro, categoría da que fumos fundadores. Será unha liga ben lembrada por seren catro anos anceiada e por manter un grupo cun carácter especial que viña de ascender... por isto e por ser a primeira vez que o clube se clasificaba para xogar uns play-off, mercé a un traballado oitavo posto na fase regular. Houbo momentos doces, facendo o mellor inicio da liga con cinco victorias de vez ou gañando o derby co Breo en Lugo, e outros máis duros de lesións, de duras derrotas e inxustizas.

     Non podemos falar da temporada 2008/09 do Rosalía sen falar da satisfacción pola temporada anterior e o disgusto da marcha de Brad Oleson á ACB. A marcha de Brad, que non foi do mellor xeito para todos, deixanos a mágoa
de non disfrutar do escolta máis completo da LEB e a felicidade de contribuír na historia dun xogador que creemos será a revelación da ACB. Desde Compostela, moita sorte

     O obxectivo desta temporada é salva-la categoría o antes posible para poder soñar outras metas. Queremos que a LEB Oro sexa o noso sitio...

     Gustaríanos que a xente investise en cidade, que acuda os partidos, se deixe levar e anime a un equipo que non lle vai defraudar. Queremos patrocinadores que pulen dun equipo e se identifiquen cuns valores e con Compostela...


     Isto é todo ata o de agora. Quédanos moita historia que escribir e queremos que sexa contigo...