|
Novas
|
|
Escrito por Rosalía
|
|
Venres, 09 Outubro 2009 11:48 |
|
O xogador infantil do Caixanova Rosalía José Carlos García que disputa a Fase de Apertura para a Liga Galega nesta categoría, foi incluído nas listas da próxima concentración da Preselección Galega Infantil Masculina. O seu bon facer na tempada pasada coa Selección de Arousa (o ano pasado militaba nun equipo desta delegación) valeu para que os seleccionadores puxeran o ollo neste rapaz natural de Padrón, que xa estivo en outras dúas concentracións anteriores (Pontevedra e Allariz). Así, José Carlos participará con outros 13 rapaces de toda Galicia nos adestramentos que terán lugar o vindeiro domingo, 11 de outubro, durante todo o día na localidade de Laracha. Ademáis ó día seguinte, luns, disputará no Pavillón Zona Escolar de Carballo o Torneo "Xornada de Baloncesto: Festa do Pilar" no que participa o combinado galego e que xogará contra o Básquet Coruña ás 10:15 para volver a saltar á pista ás 16:30 contra o C.B. Artai. Pola súa banda, Fernando Lago tamén foi convocado coa Preselección Galega en categoría cadete. Fernando, ó igual que José Carlos tamén repite coa preselección, pois foi chamado a todas cantas concentracións leva ata o de agora dito combinado. O xogador que tamén disputa a Fase de Apertura co Caixanova Rosalía en categoría cadete participará nas sesións de adestramento do vindeiro domingo así como na "Xornada de Baloncesto: Festa do Pilar" que ó igual que o torneo infantil tamén se disputará no Pavillón Zona Escolar do concello de Carballo.Alí enfrontarase ó Basquet Coruña ás 12:30 e ó PLACASA EBX ás 18:30 o luns 12 de outubro.
|
|
Última actualizaciónfeita en Venres, 09 Outubro 2009 12:23 |