|
Rosalía 76: Pantín (7), Joseph (12), Zoro (11), Merino (2), Ferreiro, Legasa (10), Posse (10), Vereen (5), Kangas (19).
Santurtzi 83: Casado (14), Calbarro (7), Gomez (2), Savitski (8), Hampl (7) , Uriz (31), Owens (10), Torres, Hernández (4).
O Partido comezou igualado e con rachas continuas de anotación por parte dos dous equipos, que deixou o marcador do primeiro cuarto en 21-23, cun Santurtzi moi enchufado que cunha boa dirección de Mikel Uriz aguantaba as envestidas dos Kangas e compañía. Durante o comezo do segundo cuarto mala noticia para César Fernández pois o americano Anthony Vereen cometía a súa terceira falta nada máis salir, logo de facer dúas consecutivas no primeiro cuarto. Esta falta condicionaría o xogo interior dos santiagueses a pesar do bon primeiro tempo de Antonio Pantín que acabou este período con 7 puntos e 9 rebotes, 5 deles en ataque. Acertado estivo tamén Erik Kangas dende a línea de tres, facendo un 3/3 dende a longa distancia que poñería ó Rosalía 28-23 logo dunha racha de 9-0. Tempo morto do equipo vasco e reacción liderada por Mikel Uriz (14 puntos ó descanso) e T.
Hampl e L. Owens con 7 puntos e 3 rebotes cada un, logrando un parcial de 10-0 que poñería as cousas en 28-33. A reacción viría da man de Erik Kangas que estivo moi acertado dende a liña de tres, facendo un 3/3 dende a longa distancia. Así chegaríase ó 37-38 ó remate do segundo cuarto.
E foi na reanudación cando apareceu a nova fichaxe do Rosalía, Adrien Joseph, que con 9 puntos lideraría ó Rosalía ata os 53 puntos ó remate do terceiro tempo polos 48 de Santurtzi. Mais o equipo guipuzcoano non se rendiu no último cuarto e tirou de casta e sobre todo de Mikel Uriz para axustar o marcador nos últimos minutos, onde os nosos non tiveron un bon criterio en ataque e con 5 puntos de vantaxe a falta de tres minutos sucederon posesións demasiado rápidas. Era neste momento cando Uriz anotaba 4 puntos consecutivos tras transicións en superioridade. Ó final con 72-70, o equipo visitante dispuxo de 5 segundos que M. Casado aproveitou para anotar unha penetración con un pouco de fortuna no tiro. Ademáis Anthony Vereen era expulsado neste período.
Durante a prórroga o Santurtzi comezou con tres puntos consecutivos aproveitando un primeiro tiro de Pantín errado debaixo do aro. Os de Santiago comezaron a mostrar ansiedade en ataque, e proba diso foron as tres triplas consecutivas que Erik Kangas fallou ( Ó final pasou do 3/3 en triples a un pobre 3 de 11). O home do partido foi Mikel Urizcon 31 puntos, 5 rebotes e 3 asistencias para 32 de valoración. Ó final 76-83, nun partido que estivo gañado ó final do último cuarto.
|